Mother Love Bone

Mother Love Bone
OrixeSeattle, Washington, Estados Unidos
Período1988-1990
Xénero(s)grunge
MembrosAndrew Wood
Stone Gossard
Jeff Ament
Bruce Fairweather
Greg Gilmore
Artistas relacionadosMalfunkshun, 10 Minute Warning, Green River, Skin Yard, Love Battery, Soundgarden, Temple of the Dog, Pearl Jam, Brad, Three Fish
Na rede
IMDB: nm3164112 Spotify: 3XR64HmFo4OvexUUNW7TP0 Musicbrainz: a5585acd-9b65-49a7-a63b-3cc4ee18846e Songkick: 355706 Discogs: 261560 Allmusic: mn0000502269 Editar o valor en Wikidata

Mother Love Bone foi unha das bandas precursoras do movemento grunge iniciado en Seattle a finais dos anos 80.

Tres ex-membros da tamén banda pioneira Green River (os guitarristas Stone Gossard e Bruce Fairweather e o baixista Jeff Ament) xuntáronse ao batería Greg Gilmore e ao excéntrico vocalista Andrew Wood para formar a banda ao final dos anos 80. O son tocado por eles caracterizouse por ser unha mestura do peso do heavy-metal/hard-rock dos anos 70 (de bandas como Led Zeppelin, Deep Purple e Aerosmith) coa melodía e a enerxía punk da mesma época (de bandas como Stooges e MC5). Algúns anos máis tarde, o grunge coñeceríase en todo o mundo.

En 1989, lanzan un EP chamado Shine, pola discográfica Geffen. A banda comeza a ter certo éxito (máis no underground estadounidense) con Ament e Gossard amosándose excelentes músicos. Pero era a figura carismática de Wood a que chamaba máis a atención, sendo descrito varias veces como un "hippie dos días modernos", coas súas mensaxes de paz, amor e comprensión (sen esquecer as drogas, sexo e rock’n’roll).

Despois dun tempo na estrada, a banda volta ao estudo para gravar un álbum. Así, a principios de 1990, lanzan o Apple, pola Polydor Records. Pero pouco tempo antes do lanzamento dese disco (o 16 de marzo) Andrew Wood é atopado morto, vítima dunha sobredose de heroína. O disco, que ía ser uns dás apostas máis fortes de Geffen, acabaría saíndo sen apenas promoción; a pesar de todo acadou unha considerable aceptación, sendo tachada de obra mestra. Ó incrible magnetismo que desprendían as composicións e a poderosa personalidade de Wood serían claves na súa sona.

A finais dese fatídico ano, Stone Gossard e Jeff Ament deciden formar unha banda en homenaxe ao falecido compañeiro. Así xurdiu Temple of the Dog (nome tirado dun dos temas de Mother Love Bone, "Man of Golden Words"), que tiña tamén na súa formación aos membros de Soundgarden Chris Cornell e Matt Cameron (Chris vivira con Andrew durante algún tempo), e os descoñecidos Eddie Vedder e Mike McCready (que máis tarde formarían Pearl Jam ao lado de Gossard e Ament).

En 1992, é lanzado material póstumo de Mother Love Bone: un vídeo chamado Love Bone Earth Affair e un disco chamado Stardog Champion.


Developed by StudentB